Diário do Porto

De vitoria en vitoria… ata a derrota final

Posted in Internet, Medios by Xoán on Xuño 2nd, 2008

Formatos de almacenamento

Os soportes de almacenamento que aparecen na publicidade coa que Sony empapelou a prensa despois da vitoria do seu formato blu-ray só teñen unha cousa en común: están todos mortos (ou esmorecendo).

Tagged with: , ,

Mal rollo

Posted in 5584 by Xoán on Xuño 2nd, 2008

112 SOS tardando demasiado

…baseado en feitos reais ;)

Tagged with: , , ,

Publicidade contextual na prensa escrita?

Posted in Medios, Parecidos razoábeis by Xoán on Xuño 2nd, 2008

EasyJet vs Ryanair

…en La Voz de Galicia (19/05/2008)

El País Galicia e os Six degrees

Posted in Medios, Política by Xoán on Xuño 1st, 2008

Táboas validó viviendas deficientes en las que participó como arquitecta

Un informe del Consello de Contas afirma que la decisión “no puede justificarse”

O titular estrela deste domingo no diario moderadamente progresista (sic) El País, inscríbese na liña de “recados” para a que naceu a edición de Galicia.

Unha das características máis notábeis dos “recados”, que serve para diferencialos das noticias normais, é a bipolaridade entre o titular e o desenvolvemento da información.

O titular dun “recado” polo xeral ten unha redacción máis propia dun avogado ca dun xornalista: nótese que unha primeira lectura dá a impresión que pretende o empresario-editor (coa imprescindíbel colaboración do xornalista que deixa sen rubor a súa sinatura na información); pola contra, cando o lector crítico comproba que a información non ten nada que ver co que se anunciaba inicialmente, unha segunda e atenta lectura do titular indica que, sen ser estrictamente certo, relativamente tampouco é incerto… se se utilizan os Six degrees of separation.

O titular do “recado” pode vir suliñado por unha frase literal que pode dar forza ao titular descontextualizado, como o exemplo do texto da entradilla.

Se comparamos o desenvolvemento da información do “recado” co seu titular, temos unha visión máis clara:

Titular Desenvolvemento da noticia
Táboas La Consellería de Vivenda, de la que es titular la nacionalista Teresa Táboas
validó viviendas deficientes validó injustificadamente, a través de Xestur Ourense la recepción de un conjunto de 30 viviendas
en las que participó como arquitecta construidas en Pereiro de Aguiar a partir de un proyecto diseñado por la propia Táboas en 2002

A entradilla tamén queda ao descuberto, a aparente desautorización persoal á conselleira, en realidade refírese á Xestur de Ourense:

Entradilla Desenvolvemento da noticia
Un informe del Consello de Contas afirma que la decisión “no puede justificarse” “Así consta en un informe del Consello de Contas que fiscaliza la actuación de la Xestur orensana en el año 2005″

Para finalizar, parece quedar claro que os problemas derívarían da construción física das vivendas, non do proxecto técnico:

“señala además la existencia de “errores constructivos importantes” que “denotan falta de conocimiento y experiencia en la construcción por parte del contratista“. [...] El mismo documento alude además a la utilización de materiales que no coinciden con las especificaciones del proyecto“.

Posted in 5584 by Xoán on Abril 12th, 2008

A dúbida non é un estado agradábel, mais a absoluta certeza é un estado ridículo

(Manuel Rivas en El País, citando a Voltaire)

Tagged with:

Jujel.es, ou como ocupar a portada dun xornal por 9 euros

Posted in Información, Internet, Medios, nova21 by Xoán on Febreiro 13th, 2008

…onte en El Correo, tamén en La Voz (nada menos que na portada da edición dixital), a estas horas a saber en cantos medios e metamedios máis. Detrás da ocorrencia (que lembra vagamente a unha outra -Gúguel- tamén nada nestas terras) está a empresa galega Ozono Multimedia (Whois dixit).

Sobre Jujel.es pouco ou nada que dicir máis aló do experimento en plan coña. Sobre o tratamento informativo desta peza intrascendente (que a estas alturas é a terceira máis visitada en La Voz), sí habería que dicir algunhas cousas:

No es una imitación de Google, aunque lo parezca. Es más, el buscador más importante del mundo virtual está detrás de este proyecto [...] propusieron a Google. Inc el experimento que ahora han lanzado (La Voz)

Un experimento en colaboración con Google Inc. para atopar as referencias galegas ·· Un hácker que opta por manterse no anonimato é o impulsor da iniciativa (El Correo)

…aínda que en El Correo esténdense máis sobre a información, redactada en plan choteo, pero apuntando tamén datos que alo-menos suxiren certa investigación sobre o asunto, en La Voz en troques achegan a inicitiva sen máis prevención que suliñar o carácter “simpático” do asunto.

Dúas conclusións:

  1. O paso lóxico de Jujel.es é seguir profundizando nesa estreita colaboración con Google Inc. pola vía de meter quizáis algo de publicidade contextual de Adsense, así poden sacar uns pesos aproveitando o tirón… iso sí, en plan “experimental” e “investigador” ;-)
  2. Se eu fora anunciante de lavozdegalicia.es, pensaría moito a miña inversión publicitaria (ver tarifas), á fin, cun chisco de imaxinación ou capacidade para imitar, e os 9 euros que custa o rexistro dun dominio .es, xa podo ter montada unha campaña viral en condicións.

E se o voto electrónico fora así?

Posted in Humor, Política by Xoán on Xaneiro 22nd, 2008

O deseño da papeleta e-lectoral  podería ser así:

Papeleta electoral

Tagged with: , ,

Que ten o azul?

Posted in Parecidos razoábeis, Política by Xoán on Xaneiro 22nd, 2008

Serán de Centro as cores frías? …que terá o azul que fai esquecer as cores quentes como o laranxa PP e o roxo PSOE?

Que ten o azul

De calquer xeito, semella que Zapatero tamén pode adicarse a vender leite.

Isaac

Posted in Cultura, Política by Xoán on Xaneiro 22nd, 2008

Hai poucos meses, no verán pasado, facía de guía para un grupo de alumnos en prácticas polas instalacións do centro no que traballo. Cando chegamos ao departamento de deseño industrial, o seu responsábel foinos amosando os diversos proxectos que están a desenvolver. A visita estaba resultando particularmente interesante e amena pola variedade de aplicacións que resultaban dos proxectos.

Cando chegamos ante unhas mesas que ocupaban varios moldes de escaiola, comezáronnos a explicar que tratábase dun proxecto para Sargadelos. O traballo que desenvolven consiste en rexistrar cun escaner 3D os moldes orixinais para poder reproducilos en material de aluminio e así fabricar novos moldes evitando que se desgasten os orixinais. Ademáis -apuntaba o noso anfitrión- tras do escaneado, aprovéitase para corrixir informáticamente as imperfeccións xeométricas propias da feitura manual dos moldes.

Cando escoitei as verbas “corrixir as imperfeccións” na linguaxe cartesiana dos enxeñeiros, non puiden evitar sentir un calafrío que me percorreu o corpo, pensando na perfecta imperfección do Isaac entallando minuciosamente o xeso coas súas mans, febrilmente, durante décadas, cada un dos moldes que dan nome e sona e carácter a Galiza.

Contrasta esta actitude dos actuais xestores do grupo Sargadelos, tentando preservar -aínda que simétricamente deturpado- o legado material de Isaac Díaz Pardo, namentras pola outra banda refugan da persoa e do espíritu, nestas horas tristes acosado incivilmente no IGI. Para mostra, a web do grupo con Isaac:

A web de Sargadelos con Isaac

…e agora a web sen Isaac (segundo o web.archive.org, desde 0 4 de marzo de 2007):

A web de Sargadelos sen Isaac

…por certo, aínda que eliminaran as referencias a Isaac da portada do sitio web, pódese ler como o recoñecen como un dos seus artífices: http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo.htm e aquí a súa biografía: http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html

Porén, a páxina fora copiada, se queres escribirlle, faino aquí: http://www.escribelleaisaac.info/

O «packaging» do candidato Rajoy

Posted in Humor, Parecidos razoábeis, Política by Xoán on Xaneiro 16th, 2008

Mariano Rajoy, campaña xerais 2007

O máis chamativo da campaña do Partido Popular para as eleccións xerais de marzo é o abandono da cor laranxa chillón dos últimos anos para voltar ao colo do tradicional azul pepeiro. Mais desta vez é un azul suave, acompañado cunha tipografía esponxosa que mesmo semella a tona do leite enteiro da vaca.

O resultado non podía ser outro ca este: un candidato pasteurizado e en brick de a litro.

Leche Celta vs Rajoy Presidente